lunes, 25 de septiembre de 2017

Legalidade, convivencia e democracia

Que ninguén nos faga crer o contrario, o que está sucedendo en Cataluña ten uns responsables directos, os independentistas que saltan a Lei; que transgreden as normas que rexen e salvagardan o noso Estado de Dereito e que, ademais, fano baixo a escusa de defender a democracia. Nos últimos días a xustiza actuou para desmontar a celebración dun referendo ilegal. Teño que alzar a voz en recoñecemento á acción das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado y de todas as persoas que están facendo cumprir a Lei. O Goberno, con Mariano Rajoy á fronte, está actuando conforme ás súas obrigas e segue sendo a mellor garantía da convivencia pacífica e a defensa do Estado de Dereito. É fundamental que nunha democracia as autoridades públicas respecten a Lei e Puigdemont decidiu agredir e transgredir o orde constitucional. Ante isto, a resposta do Executivo e o Poder Xudicial foi impecable, proporcionada e firme. E seguirá séndoo fronte a todos aqueles que intenten fomentar o caos e a discordia. O proxecto separatista pretende usurpar os dereitos democráticos dos cidadáns. A autodeterminación non está prevista en ningunha Constitución e o dereito a decidir que propón a Generalitat encubre a autodeterminación. Cada día faise máis evidente que o referendo non pode celebrarse. E, ante esta situación sen saída, a Generalitat e os partidos radicais que a apoian, intensificaron as súas provocacións e o seu desprezo á Lei. Buscan unha resposta desproporcionada e apelan ao vitimismo para seguir na súa senda separatista. Fronte aos que queren traspasar a Lei; aos que atentan contra o noso Estado de Dereito e arengan ás masas a saír á rúa a perturbar la harmonía, sitúanse o Goberno, o Partido Popular co apoio de PSOE y C´s e todos os demócratas que respectamos la Lei e cremos na xustiza. Que non intenten enganarnos, esta é a maior das falacias á que nos enfrontamos todos os españoles en moitos anos. Cataluña é unha parte esencial de España e debe seguir séndoo. E para garantilo o Goberno seguirá actuando con mesura e contundencia. Legalidade, convivencia e democracia constitúen os límites que non se poden traspasar.

No hay comentarios: