lunes, 5 de junio de 2017

Os presuposos do consenso e a estabilidade

Esta semana que acaba de rematar foi boa no político e no económico, e iso é positivo para todos. No político porque o Congreso aprobou os Presupostos Xerais do Estado (PXE) e no económico porque, un mes máis, baixan os datos do paro. Son dúas novas fantásticas que non son froito da casualidade, como case nada na vida, senón do esforzo constante do Goberno e, por suposto, dos españois. O presuposto que acabamos de aprobar non é o presuposto do PP, que ninguén se equivoque; é o instrumento clave para a economía do país. É un presuposto consensuado, rigoroso e realista, fronte ás propostas disparatadas dalgúns grupos da oposición. Logo de meses de incerteza, a aprobación dos PXE permite dotar dunha maior estabilidade ao país e isto é importante, porque a estabilidade é a base do crecemento e a creación de emprego. Non é que o diga eu, nin o Goberno; as cifran son obxectivas e ratifícano: en maio o paro descendeu en 111.908 persoas, deixando o número de desempregados en 3.461.128. Ademais, os afiliados á Seguridade Social medraron en 223.192, sendo o mellor mes de maio desde que se teñen rexistros. Aínda hai tarefa por facer, pero esta é a dirección adecuada para seguir medrando e aportando benestar ás persoas. Aínda que pareza que queda xa lonxe, non debemos esquecernos que no 2012 España estaba ao borde da quebra e agora o noso país lidera o crecemento na zona euro. Os PXE que se acaban de aprobar son os do consenso e o crecemento, e supoñen un exercicio de responsabilidade non só do Goberno de Mariano Rajoy, senón do PP e das forzas políticas que asumiron este compromiso. Ás que non o fixeron pídolles que recoñezan o bo que teñen estas contas públicas e que deixen de lado as posturas demagóxicas e se dediquen a resolver os problemas que verdadeiramente preocupan aos españois. Niso é no que estamos nós.

No hay comentarios: